Xornadas

I Xornadas de Pesca Artesanal e Marisqueo en Galicia

xornadaspescaXornadas realizadas en Vigo, os dí­as 24 e 25 de setembro de 2005, co fin de dar a coñecer os proxectos de futuro para o litoral e as rías galegas.

Foro Internacional de Prevención de Riscos e Saúde Laboral no Sector Pesqueiro

forointernacionalEntre o 7 e o 11 de xullo de 2008 celebrouse o Foro Internacional de Prevención de Ricos e Saúde Laboral no Sector Pesqueiro, organizado por AGAMAR e financiado pola Consellería de Pesca, no que ademais colaboraron diversos organismos tales coma o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), a Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia e a empresa de formación ENPROGA. Neste evento participaron asociacións de pescadores dos países da India, Sri Lanka, Filipinas, Tailandia, Indonesia, Sudáfrica, Uganda, Guinea, Senegal, Guadalupe, Martinica, Francia, España, Canadá, Honduras, todas elas pertencentes ó Foro Mundial de Pescadores Artesanais. Os principais obxectivos deste evento foron: informar dos riscos máis habituais asociados á pesca de baixura e marisqueo, formar naqueles procedementos e mecanismos que de algunha maneira axudan a evitar os accidentes e doenzas laborais neste sector, fomentando unha cultura de prevención entre os traballadores e traballadoras do mar ou axentes, directa ou indirectamente, relacionados co sector e concienciar ós/ás asistentes da grande necesidade de integrar a prevención de riscos na actividade laboral diaria das xentes que traballan no mar.O que se buscaba era a confluencia de puntos comúns coa fin de afondar no tema e lograr unha orientación intercultural e transversal que nos dotase das ferramentas necesarias para comprender o problema en todas as súas dimensións e atendendo as diferentes perspectivas.A actividade pesqueira adoita carrexar riscos e enfermidades semellantes en calquera país do mundo, polo que o intercambio de experiencias, prácticas, medidas e rutinas no ámbito da prevención de riscos e da saúde laboral é unha ferramenta realmente útil para a extrapolación de coñecementos a nivel internacional. Por outra banda, outro dos obxectivos a alcanzar foi o formación e capacitación en materia de seguridade e salvamento marítimo a través de exposicións teóricas e adestramentos prácticos, de tal xeito que os asistentes puidesen observar cales son as técnicas, actitudes e habilidades necesarias para levar a cabo esta actividade. Tamén se aproveitou o encontro para realizar diversas visitas guiadas a organismos directamente relacionados ca actividade pesqueira e que forman parte do tecido económico e social do sector en Galicia.

Muller e mercado de traballo

mulleremercadoXornadas organizadas pola Consellería de Traballo que se celebraron os días 4 e 5 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela co obxecto de aportar unha visión global e realista do emprego feminino na actualidade. Agamar tivo presenza neste evento dunha dobre maneira. Por unha banda, un stand da nosa asociación serviu de selo identificativo a todas as mariscadoras e mariscadores galegos. Por outra, Natalia Laiño, Secretaria Xeral de AGAMAR, interveu nunha das mesas para abordar o pasado e presente deste traballo. Baixo o título “Mulleres galegas traballadoras, unha ollada ó mundo real”, a dirixente da asociación fixo un percorrido pola evolución da actividade marisqueira dende os seus inicios ata a actualidade.

A Dona e o Mar. Sitges, 2008

donaeomarCharla- coloquio, organizada polo Centro de Estudios do Mar da Deputación de Barcelona, que se celebrou o 11 de decembro de 2008 en Sitges co obxecto de afondar na relación que a muller e o mar ten en terras galegas. Natalia Laiño, Secretaria Xeral de AGAMAR, foi a encargada de trasladar ao público catalán a realidade e evolución do traballo da muller mariscadora galega, dende os seus inicios ata a actualidade. Deixouse constancia de como a actividade marisqueira foi víctima da desprofesionalización durante anos, así como da falla de proxectos que tivesen en conta o papel predominante da muller no sector marisqueiro. Non obstante, a situación cambiou e, a día de hoxe, o marisqueo (xa unha profesión) constitúe unha actividade de grande importancia na economía galega, sendo os nosos productos coñecidos e apreciados en todo o mundo.As mariscadoras gañaron en dereitos e melloraron notablemente as súas condicións laborais e económicas, pero a loita non foi doada.A nosa Secretaria Xeral destacou a importancia da organización e da conciencia de colectivo como dous piares básicos na consecución destas melloras.”As mariscadoras pasaron de pensar individualmente a facelo cunha mentalidade colectiva, a converter varias voces dispersas e silenciosas nunha voz común que merece ser escoitada”, destacou. Ademais, resaltou que a consecución destas melloras non está disputada co feito de que a actividade marisqueira siga sendo unha das ocupacións máis respectuosas co medio, contribuíndo a un desenvolvemento sostible dos recursos. Todo isto fai que a actividade marisqueira, cun papel residual noutras rexións, se configure en Galicia como o paradigma a seguir por outras comunidades e países de similares características. Agamar aproveitou a ocasión para incidir na importancia da formación e prevención no ámbito marisqueiro, facendo referencia ao recente proxecto que Agamar está a levar a cabo en colaboración con outros organismos, e que consiste no deseño e elaboración de dous equipos de protección individual, cos cales se pretende evitar ou reducir determinados trastornos e enfermidades asociados á actividade marisqueira. Os beneficios económicos do marisqueo, as especies máis abundantes, as artes empregadas para mariscar ou a forma de traballar das mulleres do mar galegas foron outros dos temas que a dirixente de Agamar expuxo en Sitges, mentres que se visualizaba un vídeo demostrativo do marisqueo en Galicia.

Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentaria para todos e todas. Madrid, 2009

reunionaltonivelXornadas convocadas polo Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki- Moon, que se celebraron os días 26 e 27 de xaneiro en Madrid co obxectivo de debater o progreso e as próximas medidas que leven a alcanzar o cumprimento dos compromisos adquiridos no pasado Cumio de Roma. Representantes de diferentes organizacións de todo o mundo e de gobernos de máis de 100 países déronse cita neste evento para tratar de deseñar medidas a curto e longo prazo contra a crise alimentaria. Este encontro é unha continuación da Conferencia celebrada en Roma en Xuño de 2008, organizada pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), e na que o Presidente do Goberno Español anunciara o seu compromiso de acoller no noso país esta nova reunión sobre “seguridade alimentaria para todos”.Neste senso, Rodríguez Zapatero considera que un dos primeiros compromisos que debe adoptar a comunidade internacional para erradicar a fame no mundo é aumentar o presuposto que se destina a políticas agroalimentarias nos países en desenvolvemento, xa que actualmente só un 3% da axuda ao desenvolvemento mundial diríxese á agricultura e á gandería dos países pobres, fronte ao 18% que se destinaba en 1980. Este evento conformábase como o marco idóneo para presentar e revisar distintas alternativas que aceleren o logro de resultados a través dunha maior vinculación da política pública á política do coñecemento, incorporando a un maior número de socios, incrementando a inversión de recursos públicos e privados para lograr así unha maior efectividade no alcance de resultados. Non obstante, no medio desta crise económica mundial, poucos foron os países que anunciaron medidas concretas (ou outro tipo de medidas) para loitar contra a fame no mundo e alcanzar a Soberanía Alimentaria.Neste sentido, os dous obxectivos que fundamentaban esta reunión (revisar o grao de avances dende o último cumio en Roma e conseguir crear unha alianza global para a Agricultura e Seguridade Alimentaria) non se saldaron satisfactoriamente. Ademais, dende a Coordinadora de ONG-D España, mostráronse desconformes co transcurso da reunión, sobre todo debido á falta de permisividad na participación. Como propostas por parte deste organismo destacaron as seguintes: – formular a fame dende un enfoque de dereitos e dende o dereito á alimentación, – a imprescindible participación da sociedade civil no deseño e implementación de políticas contra a pobreza, – respecto á pesca e á agricultura, asegurando a sostenibilidade ambiental, – a necesidade de abordar a situación urxente das persoas máis prexudicadas pola desnutrición, especialmente mulleres e nenos, – a inclusión de todos os procesos e decisións nun cadro global de coherencia de políticas, especialmente en campos como a débeda, o comercio ou as migracións, – a necesidade de que o sistema internacional aborde este problema dende a total transparencia e a rendición de contas. É necesario ter en conta estas consideracións e actuar conxuntamente e dende a unión xa que, de seguir así, córrese o risco de caer na decadencia e na falta de credibilidade das reunións internacionais.En canto ás intervencións que se sucederon ao longo destes dous días de Conferencia, destacamos a de Miguel Ángel Moratinos, Ministro de Asuntos Exteriores en España, o cal propuxo crear un novo mecanismo que canalice os recursos adicionais destinados ao sector agrícola e programas de nutrición, buscando sempre a coordinación e a transparencia. Pola súa banda, Jacques Diouf, Director Xeral da FAO, afirmou que o maior desafío non é só “asegurar a alimentación de 963 millóns de famentos, senón tamén lograr alimentar en 2050 9.000 millóns de persoas”. Segundo Diouf, para isto é necesario duplicar a produción mundial de alimentos e os investimentos en agricultura. A comparecencia de Ban Ki- Moon foi máis optimista e asegurou que para erradicar a fame “temos a riqueza e os coñecementos” para facelo polo que é necesario o esforzo de todos e manter a fame no centro dos obxectivos políticos”. Finalmente, José Luis Rodríguez Zapatero, na clausura do acto, ratificou o compromiso de España coa axuda ao desenvolvemento e anunciou unha achega de 1.000 millóns de euros durante os próximos cinco anos para loitar contra a fame e promover unha agricultura sostible.

Xornadas de Difusión de Accións Complementarias 2008/2009 no marisqueo a pé

xornadasdifusionXornadas celebradas o día 25 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela co obxecto de presentar os novos materiais pedagóxicos innovadores en materia de xestión ecolóxica e sustentabilidade da actividade ecolóxica do colectivo de traballadores dedicados á extracción de marisco a pé. A presentación correu a cargo de Natalia Laiño, Secretaria Xeral de Agamar; Manuel Maneiro, Vicesecretario de Agamar e Fran Prego, Técnico de IFES. Os obxectivos fundamentais da elaboración e difusión destes materiais son: – satisfacer as necesidades do colectivo mariscadoras a pé aportando novos materiais pedagóxicos que contribúan a ascender a aprendizaxe ó longo de toda a vida; – mellorar a oferta colectiva mediante accións formativas específicas actualizadas e flexibles, que elimine as carencias formativas dos traballadores e incremente a calidade dos servizos prestados polas empresas do sector; presentar un material formativo que contribúa a revalorizar aos traballadores do sector e sirva de desenvolvemento profesional. Na elaboración de ditos manuais colaboraron diversos organismos relacionados co mundo do marisqueo tales coma confrarías, asociacións, mariscadoras… Ademais foron revisados por técnicos e mariscadoras, os cales reconduciron o proxecto con diferentes achegas. As modalidades de impartición deste curso son a “presencial” e a “on line”, segundo as necesidades do colectivo. En breve poderás atopar máis información acerca desta acción complementaria.