WFFP
Agamar é membro do World Forum Fisher Peoples (Foro Mundial de Pobos Pescadores), unha organización que acolle no seu seo a diferentes asociacións de todo o mundo que teñen un obxectivo común: loitar pola mellora dos dereitos e condicións laborais dos pescadores a pequena escala. Para acadar esta fin o WFFP adoita reunirse periodicamente en diferentes países que se ven afectados por problemas e situacións precarias para o mundo da pesca ou naqueles outros que, pola súa situación, resultan estratéxicos á hora de incentivar e consolidar políticas pesqueiras beneficiosas para os pescadores artesanais. Nos últimos anos este foro reuniuse en lugares coma Roma (2008, 2009), Bangkok (2008), Mali (2008), Sri Lanka (2007), San Juan de Luz (2006) ou Hong-Kong (2005) entre outros. A Tesoureira do WFFP é Natalia Laiño, Sª Xeral de Agamar.


English
Español
Galego