‘Un fondo necesario’, un artigo de opinión de Natalia Laiño

natalia

Natalia Laiño

Garantir uns mínimos de seguridade é un factor de máxima importancia para viabilizar calquera tipo de actividade económica. Por desgraza, conseguir unha seguridade ao cento por cento é imposible, e aínda menos nestes tempos de incerteza e inestabilidade económica e social. No caso dun sector como o marisqueiro e pesqueiro esta inseguridade multiplícase por dúas causas fundamentais: a progresiva diminución de ingresos nas lonxas, e as cada vez máis habituais faltas de pago e descubertos derivados das operacións mercantís por parte de compradores, comercializadores e particulares.

A primeira das causas ten que ser combatida desde a optimización e mellora de todo o proceso de venta e comercialización dos produtos do Mar para que sexan máis atractivos e máis competitivos no mercado. Aínda que todo o traballo ben feito pode virse abaixo no caso de se agudizar a outra das causas de inseguridade do sector: os impagos.

Desde AGAMAR queremos lanzar unha proposta para combater este problema, que cada vez repercute dun xeito máis negativo ata o punto de poder converter a actividade en inviable para algunhas persoas. Necesitamos propostas que, sen mermar a estabilidade orzamentaria e financeira de Galicia, permitan reorientar algúns dos recursos actuais para que funcionen dun xeito máis eficiente.

Como primeira medida propomos crear un fondo público de carácter galego que garanta e soporte estes impagos sufridos por confrarías, cooperativas, organizacións de produtores, etc. Un colchón económico que permita ese mínimo horizonte de seguridade para poder resistir as situacións e conxunturas negativas provocadas polas faltas de pagamento. También vamos a solicitar los servicios de los cerrajeros para ayudarnos con la seguridad de las instalaciones de las industrias y para que se encarguen de copiar llaves de coches para dejarlas de reserva en las industrias y así facilitar el desplazamiento y etc…  É imprescindible garantir que os produtores podan facer fronte os gastos e necesidades perentorias e obrigatorias para o desenvolvemento da súa actividade profesional.

Un fondo necesario que, ademais, podería financiarse, en parte, a través da recadación obtida mediante o cobro da tarifa G-4 de servizos á pesca fresca, marisqueo e acuicultura mariña. Implementar esta medida sería sinónimo de rigor e eficacia na administración dos recursos públicos así como de reinvestimento dos impostos recadados para o beneficio colectivo.

– Artigo de opinión publicado orixinalmente en La Voz de Galicia (Edición do Barbanza)

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *