Seguro do mal tempo

temporal-150x150O seguro sufragará os gastos derivados da imposibilidade de faenar os días de temporal, previa contratación cunha entidade aseguradora das elexidas pola Consellería de Pesca mediante concurso público. Os tomadores do seguro son as confrarías de pescadores e os beneficiarios, todos os que, ademáis de ter os permisos e cuotas ó día e non estar percibindo outra axuda polo mesmo motivo, estén asociados á confraría tomadora do seguro, tales como:

  1. Arrastreiros de litoral en caladoiros nacionais.
  2. Embarcacions de cerco en caladoiros nacionais.
  3. Embarcacions de artes menores.
  4. Percebeiros desde embarcación.
  5. Percebeiros a pé.

Quedando excluidos:

  1. A actividade de marisqueo realizada con arte de marisqueo desde embarcación.
  2. Calquera actividade a pé distinta da de percebeiro.
  3. Embarcacions dedicadas á acuicultura.
  4. Embarcacions auxiliares de calquer tipo.
  5. Unidades que pesquen en caladoiros comunitarios (altura). 6.- Unidades que pesquen en caladoiros internacionais (gran altura).

A Consellería de Pesca cunha dotación presupuestaria de 1.380.000.-€ sufragará o 70% do montante total da prima anual do seguro.-Temos na zona de descargas as ordes do concurso e a adxudicación do seguro onde aparece o formulario de solicitude.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *