• Quen Somos?

    AGAMAR (Asociacion Gallega de Mariscadoras/es), é unha asociación de ámbito estatal que nace en 1998 ca idea de reunir no seu seno a tódalas mariscadoras e mariscadores de Galicia e darlles así unha voz común dedicada á consecución dos obxectivos do sector, mediante a articulación de diversas líneas de actuación:

    • Intervir en tódolos problemas que afecten ás mariscadoras e mariscadores de Galicia ós efectos de reivindicación cotiá para alcanzar o crecemento do benestar moral, social, económico e intelectual dos asociados.
    • Esixir dos poderes públicos normas que favorezan os intereses dos asociados.
    • Fomentar e promover o asociacionismo do sector marisqueiro en Galicia.
    • Realizar as tarefas necesarias para a promoción e mellora da producción, transformación e comercialización das especies marisqueiras producidas en Galicia.
    • Realizar todas as tareas encamiñadas á información e formación do sector marisqueiro galego.
    • Propor ás distintas administracións cantas medidas se consideren necesarias para facilitar o desenvolvemento do sector.
    • Procurar o establecemento das relacions cas organizacions nacionais e internacionais que pretendan os mesmos fins, e estar presentes en cantos foros de decisión que sobre a materia se celebren no mundo.
    Presidenta Dona Natalia Laiño Lojo
    Secretario Xeral Don Manuel Maneiro Castro
    Vicesecretaria Xeral Dona Rosa López Tourís
    Secretaria Dona Genoveva Maneiro Otero
    Tesoureiro Don Emilio Bahamonde López
    Vocais Dona Julia Noya Mariño
    Dona Rita Míguez de la Iglesia
    Dona María Aranzazu Abuín Yañez
    Dona Carmen Ordoñez Costas
    Dona María Luisa Dieste Rodríguez
    Dona Mónica Silva Alonso