Proxectos de futuro

 Pescaturismo – Pescanatur

pascanaturPescanatur e un proxecto no que participamos dende AGAMAR para un mayor aproveitamento dos nosos recursos naturais. Trátase de realizar turismo a bordo de embarcacións artesanais co fin de dar a coñecer unha xornada de pesca dun mariñeiro. Pódense destacar tres aspectos fundamentais que son as seguintes: -Aproveitamento duns recursos económicos, que influiría positivamente na economía dos pescadores -O esforzo tanto físico como extractivo seria sensiblemente menor, polo que favorecería os stocks das distintas especies.Divulgación da calidade dos nosos productos, xa que desta forma cada un dos nosos visitantes sería un axente máis á hora de divulgar a calidade dos peixes e mariscos da nosa terra. En este proxecto participamos coas Cofradías de Pescadores de O Grove, Cangas, Pontevedra e A Pobra ; tamén participamos coa Cooperativa Cíes Artesanais de Moaña.

 Macrocriadeiro

macrodeiroO macro-criadoiro é un proxecto que dende hai moito tempo anda polas nosas cabezas, xa que coa nosa riqueza natural non é lóxico que cando hai un problema puntual non teñamos semente coa que repoblar os nosos bancos marisqueiros e así garantizar uns rendementos ós productores , máis, para a propia trazabilidade dos nosos productos, garantindo deste xeito unha semente autóctona. Este é un dos proxectos máis ambiciosos nos que AGAMAR ten participado, xa que éste é fundamental para o bo desenrolo do sector marisqueiro de Galicia e garantiirá unha cantidade de semente suficiente para que as organizacións poideran abastecerse. Neste proxecto colaboramos coas confrarías de O Grove , Cangas , Pontevedra, Barallobre e A Pobra.

 Punto de venta ao detalle

puntodevendaEste proxecto no que participan as confrarías de A Pobra, Pontevedra, Noia e O Grove, quere dalgún xeito ir máis alá nun tema tabú, que é o da comercialización directa. Deste xeito e a través dun consorcio, estas entidades crean unha marca que vai garantir a calidade dos productos, para deste xeito darlle un maior valor engadido, repercutindo directamente no sector estractivo. Esta marca de garantía terá uns estandares de calidade moi altos, para que deste xeito os consumidores teñan unha garantía da trazabilidade dos productos que vaian a consumir.

 Central de ventas

centraldevendasO proxecto da central de ventas vai dirixido fundamentalmente á comercialización, anulando os localismos e cambiandoos por unha comarcalización, para que non exista unha competencia desleal entre as organizacións que hoxe xestionan as lonxas, aforrando en custos de mantemento, acadando unha maior competitibidade conlevando un aumento do control da trazabilidade é conseguindo con todo elo un aumento das rendas dos profesionais do mar. Neste proxecto participan todas as Cofradías de Arousa Norte, agás a de Cabo de Cruz,e a Cooperativa de Abanqueiro.