Foros-Debate

 Hong-Kong

hongkongForo que tivo lugar en decembro de 2005, tendo como temas principias a recuperación das zonas costeiras debido ó tsunami que azotou a zona no ano 2004; a recuperación das comunidades de pescadores por falta de recursos para recuperar as zonas pesqueiras afectadas; e as inversións de grandes industrias en acuicultura a grande escala polos danos que se poidan ocasionar tanto a nivel medioambiental como ecolóxico. Tamén participamos en apoio ás comunidades pesqueiras de Filipinas nas manifestacións en contra da OMC pola defensa da soberanía alimentaria.

 San Juan de Luz

donibaneTivo lugar en San Juan de Luz (Pais Vasco-Francés), en novembro de 2006, tratándose temas de políticas pesqueiras do Foro Mundial de Pescadores (WFFP), preocupacións ambientais e ecolóxicas, planificación para o GA 4, 2007, e diversos plans de futuro. Asemesmo Mouse unha conferencia sobre a globalización en San Sebastián, organizada por un dos nosos colaboradores no País Vasco-Francés, (ITSAS-GEROA).

 Mali

maliMáis de 500 representantes de máis de 80 paises, de organizacións de campesiños, agricultores, pescadores artesans, pobos indíxenas, emigrantes, movementos ecoloxistas, pastores, consumidores, etc. reunímonos en Mali para fortalecer o movemento global para a soberanía alimentaria. – Temos información adicional na nosa zona de descargas.

 Mali 2008

mali2008Xornadas celebradas do 15 ó 18 de agosto en Selengué (Mali). O obxectivo deste encontro foi o de facer unha avaliación das actividades de seguimento despois dos anteriores foros de Nyeleni, así como analizar o contexto internacional e discutir sobre a forma de levar a cabo o programa de Nyeleni e o plan de acción. Entre outros, tratáronse temas coma a soberanía alimentaria, o remate das barreiras sociais, a defensa dos agricultores e nómadas ante os consumidores, así como a creación de estranxeirías e plans de acción.

 Sri Lanka 2007

srilanka2007Nos pasados meses de novembro e decembro de 2007 celebrouse en Negombo (Sri Lanka) a 4ª Asemblea Xeral do Foro Mundial de Pescadores Artesanais (WFFP). O acontecemento reuniu a representantes do sector de países dos catro continentes, entre os cales se atopaba AGAMAR. No evento tratáronse diversos temas culturais, sociais, económicos e mediaoambientais que afectan ás comunidades pesqueiras. Neste senso, a defensa dos dereitos sociais e o libre acceso ós recursos por parte das comunidades pesqueiras, a difícil situación laboral das mulleres do sector, a loita contra a globalización ou a valoración das actuacións da OIT en materia pesqueira foron, entre outros, algúns dos temas alternados neste foro internacional. Atoparás máis información ó respecto no último número da revista de AGAMAR (nº10/2008), que xa podes descargar na rede en formato PDF.

 Roma 2008

terrapretaEntre os días 1 e 4 de xuño de 2008 celebrouse o Foro de Terra Preta en Roma. O obxectivo era debater e buscar solucións para o cambio climático, a crise alimentaria e a agroprodución de combustibles , así coma para as políticas industriais da pesca e a agricultura que as multinacionais tentan fomentar. AGAMAR, xunto con outros organizacións de todo o mundo, participou neste evento en calidade de membro do WFFP. As principais reivindicacións foron a soberanía alimentaria, a defensa da eco-agricultura familiar e pesca a pequena escala, o cese dos biocombustibles industriais e solucións para o cambio climático.

 Bangkok 2008

bangkongIVº Conferencia Mundial sobre a Pesca a Pequena Escala celebrada entre o 13 e o 17 de outubro en Bangkok (Tailandia). O evento estivo organizado pola FAO e polo Departamento de Pescadores do Real Goberno de Tailandia, coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Pesqueiro do Sudeste de Asia (SEAFDEC) e do Centro Mundial de Pescadores. Comunidades pesqueiras, pobos indíxenas, organizacións e asociacións de todo o mundo trataron de defender as súas posicións e dereitos ante os gobernos e empresarios da pesca. AGAMAR participou neste evento, en calidade de membro do World Forum of Fisher Peoples (WFFP) O obxectivo do encontro foi o de debater acerca dun desenvolvemento económico máis amplo, así coma acerca dos dereitos humanos, procesos e sistemas das políticas pesqueiras, enfoques de xestión das peixerías e aspectos do acceso ó mercado e ós medios para incrementar os beneficios post-colleita. Para acadar estes obxectivos contouse cun extenso programa de traballo que se dividiu en sesións plenarias e en reunións paralelas dos grupos de traballo. Mediante diversas reunións, manifestacións, conferencias e obradoiros tratáronse unha ampla variedade de cuestións co fin último de afrontar o desenvolvemento sostible da pesca a pequena escala.

 Río de Janeiro, 2008

mercosulXornadas celebradas do 24 ó 28 de novembro en Río de Janeiro (Brasil) co obxecto de potenciar a agricultura a pequena escala, fomentando o papel das mulleres nesta ocupación. Este evento, que estivo organizado pola Confederación Internacional de Organizacións de Productores Familiares Campesiños e Indíxenas do Mercosur Ampliado (COPROFAM), tivo coma obxectivo xeral o feito de ampliar e afirmar a representatividade política, capacidade de mobilización social e de proposta dos agricultores familiares, campesiños e indíxenas de Sudamérica representados pola COPROFAM, mediante a participación cualificada da súa dirixencia nas distintas instancias de diálogo político nacional, rexional e internacional.Así mesmo, tamén se buscou promover o debate sobre a Soberanía e Seguridade Alimentaria, permitindo ós participantes comprender mellor o rol da Agricultura Familiar, Campesiña e Indíxena nos procesos de producción e oferta de alimentos para abastecer ós mercados locais, nacionais e rexionais, así coma discutir a función do estado e propoñer políticas públicas que garantan a producción, distribución e acceso ós alimentos, mellorando a calidade nutricional das poboacións máis pobres do bloque. Ademais, partindo da crise financeira internacional, propuxéronse medidas e accións que os gobernos deben adoptar co apoio e participación da sociedade civil na concertación e construcción de políticas públicas de desenvolvemento rural, soberanía e seguridade alimentaria.Con este tipo de eventos lógrase o intercambio entre as diferentes organizacións, o que permite coñecer as distintas realidades e a dimensión das súas demandas en medio da discusión sobre o desenrolo rural e a producción de alimentos, discutindo á vez, sobre as formas de traballo e de alianzas estratéxicas para desenvolver accións nos países signatarios a fin de implementar políticas públicas para lograr un maior grao de desenvolvemento económico con equidade e xustiza social e de acceso ó Dereito Humano á Alimentación. Agamar acudiu a este evento en acto de solidariedade coa agricultura familiar e coa fin de fomentar o intercambio cultural e de experiencias, tendo en conta a semellanza que existe no sistema entre a agricultura e a pesca a pequena escala.

 Roma 2009 (2 a de 6 marzo)

roma2009Encontro coa FAO que tivo lugar do 2 ó 6 de marzo en Roma . Ademais de Agamar, que acudiu en calidade de membro do World Forum Fisher Peoples (WFFP), déronse cita neste evento organizacións de todo o mundo relacionadas co mundo da pesca. Co obxecto de debater acerca do futuro da pesca artesanal, tratáronse entre outros os seguintes temas: a ordenación de peixerías en alta mar; a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; a unión da pesca responsable co desenrolo social de tal xeito que se asegure a sostenibilidade da pesca a pequena escala e os efectos do cambio climático sobre a pesca e a acuicultura. Así mesmo, as diferentes organizacións analizaron os progresos logrados na aplicación do Código de Conducta da FAO para unha pesca responsable. Con respecto a esto, constatouse unha total ausencia do tema da muller neste código, polo que dende o WFFP esixiron ó Departamento de Pesca e Acuicultura da FAO unha maior presencia da muller en todos os niveis, xa que na realidade esta está presente en cada fase da pesca, dende a extracción, pasando pola venta e ata o consumo. Ademais do encontro coa FAO propiamente dito, o mércores día 4 tivo lugar unha reunión paralela do WFFP, onde interviñeron diferentes membros deste organismo para expoñer os seus problemas e preocupacións. Neste acto, Natalia Laiño, Secretaria Xeral de Agamar, destacou o papel da muller mariscadora en Galicia, coma un exemplo a ter en conta polo resto das organizacións, aínda que tamén aproveitou a ocasión para esixir un maior recoñecemento da muller pescadora a nivel mundial, para o cal asegurou que elementos coma a organización, educación, e concienciación son fundamentais.

 Roma 2009 (13 a 17 de novembro)

roma200902Foro paralelo ó Cumio da Soberanía Alimentaria, celebrado en Roma do 13 ó 17 de novembro. Neste encontro, ademais de Agamar (que acudiu en calidade de membro do WFFP) déronse cita máis de 450 organizacións de agricultores, pescadores a pequena escala, ONGs, mulleres, movementos urbanos, etc. O que se buscou neste encontro foi esixir unha vez máis a Soberanía Alimentaria, nun momento no que o número de persoas que sofren fame sobre pasou os dous millóns. A Soberanía Alimentaria implica transformar o sistema alimentario actual para asegurar que aqueles que producen os alimentos teñan un acceso equitativo ó control sobre a terra, auga, sementes, pesca e biodiversidade agrícola. Toda persoa ten o dereito e a responsabilidade de participar na decisión de como se producen e distribúen os alimentos.

Os gobernos deberían respectar, protexer e garantir o dereito á alimentación, definido como o dereito a alimentos axeitados, dispoñibles, asequibles, culturalmente aceptables e nutritivos. Neste encontro o WFFP, xunto a outras organizacións, amosou ó se apoio ó renovado Comité de Seguridade Alimentaria Mundial (CSAM), un dos principais órganos para a formulación de políticas internacionais da alimentación e da agricultura. O WFFP tamén expresou a súa preocupación porque o CSAM non está a recibir o apoio financeiro apropiado para a pretensión do seu programa de traballo. Tamén se reafirmou que o subministro de alimento ecolóxico actual alimenta a gran maioría das persoas do mundo, tanto nas zoas rurais coma nas urbanas; centrando ás prácticas en alimentar ás persoas e non no beneficio das corporacións. Por outra banda, o WFFP tamén pediu o control sobre os recursos para producir alimentos. Deberíase poñer fin ó acaparamento da terra causado polo capital trasnacional.

É necesario incrementar o nivel de organización, construír alianzas fortes e transversales, promover accións conxuntas, intercambios e solidariedade para falar cunha voz forte en favor da soberanía alimentaria. O WFFP está convencido de que só o poder dos pobos organizados pode conseguir os cambios necesarios, de aí a importancia de informar, concienciar, debater, organizar e mobilizar á xente. As principais reivindicacións do WFFP neste encontro foron o fomento das pesca artesanal e a pequena escala, en detrimento da industrial, posto que os pesqueiros de arrastre están a detruir o medio mariño mediante a emisión de CO2, ademais de destruir caladoiros e arrecifes de coral. Toda esta contaminación afecta ós manglares e lagoas, que é onde se reproducen as especies, cunhas evidentes consecuencias desastrosas para o medio mariño. Tamén se reclamou un maior papel das mulleres no mundo da pesca, xa que este está dominado por homes. Tamén se expuxo a necesidade de mellorar as condicións dos pescadores en temas de seguridade e saúde laboral. Neste encontro déronse cita, entre outros, personalidades coma Gianni Alemanno, Alcalde de Roma; Jacques Diouf, Director Xeral da FAO ou Nöel De Luna, embaixador de Filipinas.

 Roma 2010 (14-17 xuño)

roma200903Reunión celebrada na sede da FAO en Roma durante os días 14, 15, 16 e 17 de xuño de 2010 co obxecto de debater acerca da gobernanza mundial en materia de agricultura, pesca e alimentación. Nos últimos anos a investigación centrouse en cinco áreas de interese que serían as seguintes:

– A Vía Campesiña quere entender as desconexións entre a sede central da FAO e as oficinas rexionais e nacionais – A Vía Campesiña quere un só espazo para deseñar as políticas e gobernación da ONU sobre a alimentación e agricultura – A Vía Campesiña quere que a FAO volva o seu mandato e responda á axenda da Vía Campesiña

– A Vía Campesiña quere saber máis sobre o proceso de seguimento de ICARRD

– A Vía Campesiña quere saber os plans del Secretariado do Tratado despois da reunión en Túnez Estes cinco puntos pretenden proporcionar unha maior percepción ós desenvolvementos que están afectando á FAO e que son de importancia específica para os obxectivos estratéxicos da Vía Campesiña en relación ós temas da alimentación e a actividade agrícola da ONU. Entre outros: a crecente ausencia de áreas explícitas de traballo da FAO que aborden as dimensións políticas e sociais do desenvolvemento; a precariedade das relacións de FAO coa sociedade civil; preguntas continuas sobre a función da FAO dentro da arquitectura institucional da ONU para a alimentación e agricultura. Entre outros, analizáronse temas coma as tendencias da produción, o consumo, o comercio, os prezos, cambios de política que afectan ós mercados e ó comercio de produtos básicos agrícolas, así coma as negociacións comerciais na Organización Mundial do Comercio (OMC). Agamar asistiu a este evento coma único representante do Word Forum Fisher Peoples (WFFP). Neste senso, Manolo Maneiro, actual Sº Xeral da asociación baseou a súa intervención fundamentalmente en dous puntos. Por unha banda manifestou a súa oposición acerca da organización da FAO xa que a base debería ter máis peso ca do que ten actualmente, é dicir, aumentar a envergadura de aqueles traballadores encargados de avaliar as necesidades e situación dos diferentes subsectores do movemento campesiño e pesqueiro. Por outra, Agamar non se manifestou proclive ó traslado a outros países de modelos que aquí non funcionaron, xa que estes miran máis o aproveitamento económico que a supervivencia dos subsectores

 Vª Asamblea Xeral do Foro Mundial de población de pescadores (WFFP)

karachiwffpA presidenta de Agamar, Natalia Laíño, e o Secretario Xeral, Manolo Maneiro, estiveron a finais do mes pasado na Quinta Asamblea Xeral do Foro Mundial de Pescadores (WFFP) celebrada en Karachi (Pakistán). Durante a súa estancia na cidade pakistaní, centro financieiro, comercial e protuario do país, debatiuse sobre as problemáticas actuais que afectan ás comunidades costeiras e a pequena escala. Finalmente chegaron a un acordó sobre unha estratexia de acción na que se pretende, a grandes rasgos, dirixir as acción de sensibilización sobre os impactos do cambio climático e a importancia da protección do entorno, aumentar a colaboración co Foro Mundial de Pescadores, ONG’s, e de outras organizacións de pescadores, pedir os gobernos que rectifique a lexislación sobre o traballo dentro do sector pesqueiro para determinar a idade mínima e asegurar a educación dos rapaces das comunidades pesqueras e proseguir o proceso de valoración del rol das mulleres dentro das comunidades de pescadores. Ao término das reunión elixiuse ao novo Secretario Xeral da WFFP, Muhammad Ali Shah, para os próximos tres anos.