Formación Especializada na Suficiencia do manexo de multitudes e Seguridade dos Pasaxeiros

 Estruturación do curso:

O curso estrutúrase de acordo coas disposicións do cadro A-V/2 par 4-5 do Código de Formación STCW 78/95 emanado de OMI, Curso modelo 1.28. Divídese en dúas partes claramente diferenciadas: a teórica e a práctica.

 Programa Teórico 12 ou 16 horas:

Módulo de formación sobre familiarización. Módulo de formación sobre seguridade para o Persoal en contacto cos Pasaxeiros en espacios a eles destinados. Módulo de formación en control de Multitudes. Módulo de formación sobre Xestión de Emergencias e Comportamento Humano.

 Programa Práctico 4 ou 6 horas:

Prácticas repetitivas tomando como base o establecido no apartado teórico, ata conseguir unóptimo adestramento do alumno.

 Orientación:

Obrigatorio para todo o persoal de Cuberta ou Máquinas embarcado en Buques de Pasaxe e/ou Transbordadores de carga rodada.

 Condicionantes:

Superar o recoñecemento médico previo e acreditar por exame os coñecementos teórico-prácticos requeridos.

f_seguridade

Formación Especializada na Suficiencia do manexo de multitudes e Seguridade dos Pasaxeiros

Se queres máis información sobre este curso podes cubrir o noso formulario de contacto.