Formación Especializada en Operacións de Buques Gaseiros

Estruturación do curso

O curso estrutúrase de acordo coas disposicións do cadro A-V/1, par 22-34 do Código de Formación STCW78/95 emanado de OMI, Curso modelo 1.06. Divídese en dúas partes claramente diferenciadas: a teórica e a práctica.

Programa Teórico 30 horas:

Regulamentos e Códigos de Prácticas. Proxecto e Equipo de Buques Gaseiros. Características da carga. Operacións realizadas no Buque. Repraración e Mantemento. Operación de Emergencia.

Programa Práctico 10 horas:

Prácticas repetitivas, ata o perfecto adestramento do participante mediante o simulador de cargas líquidas a presión transas.

Orientación:

Obrigatorio para todo o Persoal de Cuberta ou Máquinas relacionado coas operacións de carga-descarga ou manipulación a bordo de gases licuados incluíndo, asi mesmo, toda a formación correspondente ós aspectos de seguridade contra incendios, contaminación e responsabilidades ante terceiros de acordo á vixente lexislación e á emanada do Anexo 1 MARPOL 73/78. Polo seu programa formativo, é asi mesmo, recomendable para todo o persoal con responsabilidades en Plantas e/ou Terminais de carga/descarga, incluídas as exclusivamente de carácter terrestre.

f_gaseiros
Formación Especializada en Operacións de Buques Gaseiros
Se queres máis información sobre este curso podes cubrir o noso formulario de contacto.