Formación avanzada na loita contra incendios

Estruturación do curso:

O curso estrutúrase de acordo coas disposicións do cadro A-VI/3 do Código de Formación STCW78/95 emanado de OMI, Curso Modelo 2.03. Divídese en dúas partes claramente diferenciadas, a teórica e a práctica.

Programa Teórico 12 horas:

Control das operacións de loita contra incendios. Organización de loita contra incendios. Inspección e mantemento dos sistemas e o equipo de detección e extinción de incendios. Investigación e recompilación de informes sobre incidentes nos que se produzan.

Programa Práctico 12 horas:

Incluíndo exercicios de extinción de distintos tipos de lume, e con diversos medios.

Orientación:

Imprescindible para a obtención das Licencias de Oficiais de Cuberta ou Máquinas da Mariña Mercante e da Pesca, asi mesmo, é recomendado para todo profesional de grao medio que exerza a bordo en plataformas na industria propectiva e/ou extractiva do Gas-Petróleo Offshore.