Confírmanse as irregularidades e ratifícase a obriga de repetir as eleccións da Federación de Confrarías de Pontevedra

tsxg

TSXG

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de desestimar o recurso presentado pola Xunta contra a decisión do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra que en Maio do 2011 anulou as eleccións celebradas no 2009, confirmando as irregularidades cometidas nese proceso electoral. Os feitos foron denunciados polo patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas, que se enfrontaba naquela convocatoria a José Antonio Gómez Castro que resultou, fraudulentamente, gañador.

O propio Rosas foi quen levou o proceso aos tribunais despois de comprobar que a Consellaría do Mar, a responsable de vixiar pola limpeza do proceso, tivese desestimado todas as alegacións presentadas diante das irregularidades que se tiñan producido. En maio do ano pasado xa os xuices recoñeceron que estaba probado a existencia de “inclusións indebidas” nos censos e que polo tanto votaron persoas que non tiñan ese dereito. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ratifica esta decisión e sentencia que estas eleccións terán que repetirse.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *