AGAMAR mostra a súa solidariedade coas mariscadoras que están a ser acosadas

mariscando

Mariscadoras traballando

Nos últimos meses as mariscadoras da Ría de Arousa teñen padecido diversas actuacións de acoso e intimidación co obxectivo de amedrentalas mentres realizan as súas labores de extracción e vixilancia nos areais. Fronte a estes feitos a Asociación Galega de Mariscadoras quere manifestar publicamente a súa máis firme repulsa e condena, así como un enérxico apoio aos homes e mulleres que son vítimas destas accións de acoso.

Na semana pasada tívose coñecemento dun novo caso deste tipo que se une unha serie que xa se está alongando demasiado. Trátase de Manuela Torrado, de Abanqueiro, a quen lle cortaron as rodas do seu vehículo particular mentres traballaba na praia de Mañóns, e coa que queremos mostrar a nosa completa solidariedade. AGAMAR dará cumprido apoio a esta nova vítima, poñendo os recursos da asociación ao seu servizo, e non cesará no empeño de denunciar ante a opinión pública este tipo de intimidacións que están a sufrir as mariscadoras.

Non se pode permitir que unha actividade económica de carácter produtivo, como é o caso do marisqueo, estea a converterse nunha profesión de risco, como semella estar acontecendo. Diante desta situación AGAMAR quere denunciar a desprotección das mariscadoras e esixirlle ás autoridades competentes que poñan todo o seu empeño e medios para deter e xulgar aos culpables destes actos.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *